Solucións de calidade

Chámanos

Todo o que precisas para os teus proxectos profesionais

A busca continua de calidade, eficienciaprofesionalidade nos teus proxectos son as nosas máximas, ofrecendo sempre un prezo competitivo e axustado ás necesidades dos nosos clientes.

PIMFER Fachada de Casalexo despois de renovación

Pinturas e impermeabilizacións

Estamos especializados na preparación de superficies e aplicacións integrais de pintura decorativa e industrial sobre calquera superficie.

Desenvolvemos a nosa actividade profesional no sector da pintura e a construción (obra civil, pública, industrial e comercial), executando tareas complementarias tales como impermeabilizacións, tratamentos, vernizados revestimentos.

Contamos cun persoal altamente calificado, con ampla experiencia e en constante actualización e formación en novos produtos e procedementos, o cal permite a PIMFER acometer con éxito calquera tipo de proxecto en obra nova e reformas, tanto en interiores como exteriores.

PIMFER Fachada reformada

Fachadas e terrazas

Traballamos no sector de obra pública como histórica, respectando os elementos característicos e utilizando sobre todo pinturas acrílicas transpirables de gran elasticidade, impermeables á choiva, pero permeables ao vapor de auga, sendo a opción máis idónea para superficies expostas á intemperie.

Tamén aplicamos resinas, membranas, cauchos, morteiros, cortiza proxectada… e limpamos, reforzamos e preparamos as superficies para garantir un acabado de calidade e de gran durabilidade.

PIMFER Cuberta reparada

Caleiros e cubertas

Dispomos das últimas e modernas máquinas e infraestruturas precisas para o desenvolvemento exitoso de todo tipo de traballos de mantemento de cubertas.

Os nosos expertos realizan traballos de limpeza, impermeabilización, illamento, reparación de caleiros con membranas de poliuretano…

PIMFER Traballos de mantemento na cuberta do Estadio do Racing de Ferrol
PIMFER Traballadores reparando cuberta tellado

Aplicacións industriais

O noso equipo humano, a moderna maquinaria e os materiais de alta calidade que utilizamos, permítennos garantir o cumprimento dos nosos compromisos cos nosos clientes.

Estamos especializados no tratamento anticorrosivo integral e na aplicación de todo tipo de pinturas en instalacións industriais.

Previo á aplicación das pinturas e acabado, é fundamental preparar as superficies para lograr o resultado esperado e garantido por contrato. Para conseguilo, dispomos de distintas ferramentas adecuadas para cada proxecto, soporte (aceiro, metais, fibra de vidro, madeira…) e necesidade.

Algunhas das técnicas profesionais máis utilizadas na preparación de superficies son: chorro abrasivo, limpeza mecánica (cepillado, desincrustado, lixado), limpeza química, hidro limpeza…

Dispomos do equipamento máis moderno para executar os proxectos, o cal nos permite alcanzar a calidade e prazos de entrega contratados: compresores, máquinas de chorro e pintura, deshumidificadores, extractores de granalla, hidro lavadoras, elevadores hidráulicos, maquinaria portátil neumática e eléctrica, ferramenta antichispa e ferramentas manuais especializadas.

Asesoramento profesional para os teus proxectos

O noso equipo humano conta coa experiencia, seriedade profesionalidade que necesitas para os teus proxectos. Ímoste axudar e asesorar na mellor solución para ti, contacta agora e contrata os nosos servizos.

Logo Pimfer
Ir o contido