PIMFER

Solicita presuposto

Expertos en pinturas e impermeabilizacións

Máis de 20 anos xerando valor nos teus proxectos

PIMFER é unha empresa especializada en impermeabilizacións de Ferrol fundada en febreiro do ano 2000. A nosa ampla experiencia, seriedade e profesionalidade levounos a ser referentes no sector da pintura, tanto en interior como exterior, dos impermeabilizantes e acabados decorativos.

Somos expertos no tratamento de todo tipo de superficies en vivendas unifamiliares, bloques de edificios, locais comerciais, garaxes, reparación de gretas en todo tipo de soportes e obras do sector industrial, pintado de barcos, aeroxeradores, …

Desenvolvemos a nosa actividade profesional para o sector público como privado, contando cun equipo profesional altamente calificado, experimentado e en constante formación, así como colaboradores e distribuidores de recoñecido prestixio e de absoluta confianza.

Traballamos sempre con produtos de primeira gama e a mellor calidade, con todas as garantías e certificacións requiridas para asegurar unha execución exitosa do proxecto.

PIMFER Traballador aplicando pintura en parede
PIMFER Aplicando verniz en valla de madeira con pincel

Os nosos clientes son o eixo central do noso modelo de negocio

O noso compromiso, seriedade profesionalidade permítennos ofrecer aos nosos clientes a mellor relación calidade/prezo, un presuposto e prazos axustados ás necesidades dos seus proxectos. Todo iso convertiunos no que PIMFER é hoxe, o referente do sector da pintura en Ferrolterra.

Logo Pimfer

Asesoramento personalizado para os teus proxectos

Ofrecemos un completo asesoramento técnico adaptado ás necesidades dos teus proxectos e a túa situación persoal, previo á elaboración dos presupostos que sempre é necesario, e facilitando en todo momento a toma de decisións necesaria para lograr o mellor resultado posible.

Contacta co noso equipo de expertos, estaremos encantados de axudarche en todo o que precises.

Logo Pimfer
Skip to content